E logo non?

Algúns pensamentos perdidos nunha noite de luar

lunes, junio 19, 2006

A viaxe II

Ameazan cambios na vida de Jimy. Son xa varios meses de estabilidade, o que se converte dun modo paradóxico en algo inestable. Anda Jimy rascando na cachola coa idea de facer ese viaxe interior índose ó exterior, a outro planeta. Sempre tivo medo de achegarse á fronteira de Espíritolandia, pero acaba de xurdir a posibilidade. Quizais facer algo polos demais sirva para facer algo consigo mesmo. Quizais facendo algo consigo sirva para facer algo polos demais. O visado para Espíritolandia parece máis barato que nunca e ainda ten Jimy un par de follas libres por sellar no seu pasaporte. Por primeira vez anda a sentir que non lle faltará o aire ó visitar ise outro planeta que carece tanto de cartos coma lle sobra misterio. Quizais sexa a peor idea; quizais sexa a mellor. De momento só unha idea, que non é pouco...

2 Comments:

Blogger Torreira said...

Esto furrula Jimi,gosto deste inferno,unha postal dende o aire,unha botella de juiski,unha viaxe a ningures dende esta aldea global galega para o mundo...

22 junio, 2006  
Blogger franetico said...

home de foz, quedas invitado á cacharela esta noite na praia das lapas, faremos unha viaxe espirituosa ó fondo do barrilete cósmico.
carallo, fixéchesme escribir en galego, tes muito peligro ti.

23 junio, 2006  

Publicar un comentario

<< Home