E logo non?

Algúns pensamentos perdidos nunha noite de luar

lunes, junio 19, 2006

A viaxe II

Ameazan cambios na vida de Jimy. Son xa varios meses de estabilidade, o que se converte dun modo paradóxico en algo inestable. Anda Jimy rascando na cachola coa idea de facer ese viaxe interior índose ó exterior, a outro planeta. Sempre tivo medo de achegarse á fronteira de Espíritolandia, pero acaba de xurdir a posibilidade. Quizais facer algo polos demais sirva para facer algo consigo mesmo. Quizais facendo algo consigo sirva para facer algo polos demais. O visado para Espíritolandia parece máis barato que nunca e ainda ten Jimy un par de follas libres por sellar no seu pasaporte. Por primeira vez anda a sentir que non lle faltará o aire ó visitar ise outro planeta que carece tanto de cartos coma lle sobra misterio. Quizais sexa a peor idea; quizais sexa a mellor. De momento só unha idea, que non é pouco...

O sexo

Xa marchou Adolfina, liberando así a mente confusa de Jimy despois de ter liberado o seu corpo. Curiosa a paixón que une e que sen embargo mantense tan distante. Bicos, caricias, cóxegas... Todas regaladas. Véndese barata a carne nos días nos que os sentimentos parecen fechados por vacacións. Pouco importa agora cantas mulleres puideron entrar na intimidade da sua cama; nada importa cantos homes posuiron a Adolfina. Esta noite só queren ser corpo. Ámbolos dous. A petición das suas almas. Ámbalas duas. Suor que se seca co asubiar da tristeza post-coitum. O soriso da sua cara recórdalle que non estivo tan mal abandoarse por unhas horas ás baixas paixóns. As arrugas do corazón lémbranlle que son moitas as horas perdidas nese abandono. Sol, fogo e lume na alcoba mentres a sua vista buscaba a Lua...

domingo, junio 18, 2006

A viaxe


Debería saber o lector que Jimy viaxa a miudo. Sempre pensou que eran os aeroportos lugares de emocións, de encontros e despedidas. Que se algún día se lle apagase a ialma podería resucitala neste hospital de sentimentos con só permanecer inmóvil ollando corpos humáns que se debilitan ó decir hola e adeus.
Leva xa Jimy moitas viaxes nas súas costas. Nunca quere partir; e despois nunca quere voltar. Poida que lle de medo enfrentarse tan a cotío á libertade da sua ialma. Ou poida que lle de pavor pensar que se acostume a isto e xa non se emocione tanto. Descubrir que, despois de tanto viaxar, non acaba de chegar a ningures nunca foi o seu propósito. Nunca quiso ser tan listo.
Hoxe, que sen embargo non viaxa, o seu corazón partíu a Sudámerica...

lunes, junio 05, 2006

Intro

Pido desculpas adiantadas a quen se sentira ofendido ou reflexado dalgunha maneira neste rio de curso perdido de ideas sen senso. Calquera parecido coa realidade non é máis que fruto da casualidade e o azar, coma todo nesta vida, e tanto os pensamentos máis ruins e inxustos coma os máis tenros e afables son só desprendementos naturais da alma humana, que se gasta e brilla máis có uso; que se empobrece e forma coraza co abandono. Benvidos as profundidades escuras de Jimy Inferno...